VI Conferencia Scout Xeral

IMG_9755

 

A pasada fin de semana do 23 e 24 de setembro o recente inicio de rolda solar en forma de Foro de Scouters mudou en forma de Conferencia Scout Galega, exactamente a sexta edición.

A Conferencia Scout Galega é o órgano de reflexión, estudio e avaliación das políticas comúns á Federación que permitan establecer as directrices e obxectivos a cumprir a curto prazo para continuar construíndo Federación e un Escultismo de maior calidade. Este ano coa participación de scouters procedentes de 5 grupos scouts: San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña, Chan 292 de Santiago, Vasco da Ponte 636 de Ferrol e Ilex 695 de Ourense, ao que sumamos ao 19 de Ferrol en parte da tardiña, xuntáronse en Razo para abordar, debater e reflexionar sobre a senda a seguir na Federación.

E nestes intres, non podía escapar á preocupación e interese do noso voluntariado no referente á responsabilidade legal e a seguridade na nosas actividades, aproveitando ao corrente que están ambos asuntos co proceso de participación da elaboración do novo Decreto de Xuventude ou o cumprimento do mandato da VIII Conferencia de Scouts de España, “Xestionando a seguridade no Escultismo”.

Para favorecer os contidos e o debate contamos coa presenza de expertos en responsabilidade legal no tempo libre como Iñigo Ayllón, de ADmomtem e máis a xerente de Scouts de España, Lucía que permitiron a obtención de mellores acordos; sen esquecernos da dinámica pero interesante ponencia en Seguridade coordinada por Pablo Álvarez, coordinador de Voluntariado e Formación de Scouts de España e Adrián Rodríguez, coordinador do Equipo Kotick de ASDE, ambos ben coñecidos por todos, coa que procuraremos pouco a pouco comezar a implantar a certificación de seguridade Kotick nas nosas actividades, nos nosos grupos e as súas actividades. Agradecidos por favorecer a información e o traballo nestes eidos que permitenos afrontar os retos inmediatos con maior confianza e cohesión e sobre todo, permite establecer unha extratexia de traballo no próximo trienio.

IMG_9645

Pois a xornada do sábado rematou cunha ASXe, onde se escolleu ao novo Equipo Scout Xeral que guiará á nosa Federación ata 2020. Despedimos ao anterior ESX que traballou arreo e coa difícil papeleta de facer esquecer aos seus espléndidos antecesores e seguir avanzando, pero que solventou con firmeza; para dar a benvida a un novo ESX comandado novamente por Adrián Rodríguez (597) e cunha destaca nova estruturación que resolvemos no seguinte link: Equipo Scout Xeral, todo isto na presenza e compaña do Presidente Scout, Diego Cobos ao que agradecemos a súa asistencia e tempo.IMG_9737

Tras grandes momentos de convivencia e espíritu scout, ao día seguinte procedeuse a celebración dun momento especial para un dos nosos compañeiros, Iago (292) que recibiu a súa IM, e dúas primeiras contas de madeira como símbolo de servicio e bo facer, para despois darlle forma aos acordos do fin de semana nun Plenario que facilite a labor do novo ESX, e de toda a Federación a partir das demandas dos propios grupos. Finalmente comezamos a darlle forma á nova rolda solar co traballo dos scouters nas mesas de seccións nas que avaliar, planificar e organizar as actividades que nos abranguen a todos. Este ano coa espléndida noticia da existencia de 5 mesas que dará lugar a celebración do Camporee (Tropa), Ruta Róver e tamén, tras varios anos, a un Chapoteos (Castores). Polo que non podemos despedirnos cun ata logo sen felicitar ao grupo San Jorge 33 pola apertura da sección dos Castores, coa que lle desexamos moita sorte e prosperidade para que continue moitas roldas máis.

IMG_9748



Deixe un comentario