I Concurso Postais do Nadal Scout

Co Nadal ao virar a esquina, damos pé ao primeiro concurso de “Postais do Nadal Scout”. Un espazo dedicado para que os scouts e scouters poidan expresar a súa creatividade mediante unha postal que exprese o espírito Scout no Nadal.

postaldef2

Quen pode participar?

É un concurso aberto a tódolos públicos e poderá participar toda postal non premiada noutros premios. A participación será válida tanto de nenos, adultos, grupos scouts, etc. Tódalas persoas poderán presentar tantas postais como queiran.

Que temática deberá ter?

Permítese todo tipo de postais alusivas ao Nadal e aos Scouts, e valorarase a orixinalidade e a capacidad creativa.

Ata cando teño de prazo?

O prazo para presentar as postais abrirase o martes 1 de novembro e pecharase o sábado 10 de decembro do 2016, ambos inclusive.

Que formato debe ter?

O formato da postal será aproximadamente de 15,5 cm. x 10,5 cm. e poderá realizarse tanto en sentido horizontal coma vertical.

O soporte material será en formato físico -papel, cartolina, ou outro elemento de papelería-, ou formato dixital. A técnica a empregar será libre.

Como a presento?

Se está en formato físico deberase deixar ou enviar á Oficina de ASDE – Scouts de Galicia (Rúa Fray Pedro Payo Piñeiro, 12, 15009 A Coruña)

Se está en formato dixital enviarase a comunicacion@scoutsdegalicia.org

Cal será a gañadora?

Haberá un Xurado que estará formado por un número de persoas designadas polo Equipo de Comunicación de Scout Xeral e o fallo será inapelable.

Cal é o premio?

A postal do Nadal gañadora utilizarase para felicitar as festas en nome de ASDE – Scouts de Galicia e recibirá de premio un lote de xogos de mesa.

ASDEGA.Gal



2 comentarios a “I Concurso Postais do Nadal Scout”

  1. Catarina martins di:

    Olá. Ao concurso só podem participar grupos galegos?

    Ou também grupos de Portugal?

    ;-)

Deixe un comentario a Catarina martins