Así foi o Encontro Scout 2016

Preto de 300 nenos, nenas, mozos e voluntarios scouts conviviron os días 2 e 3 de abril na cidade da Coruña.
Procedentes dos Grupos Scouts 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol, San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña, Chan 292 de Santiago de Compostela, Tesela 691 de Lugo e Ilex 959 de Ourense, comezaron a mañá cun acto de inauguración e diversos xogos e danzas por seccións (Castores-Lobatos-Scouts e Escultas-Rovers).

Araña ScoutTras instalarse no pavillón dos deportes de Riazor e cargar as pilas co xantar, grupos mixtos de 20 rapaces alagaron a cidade percorrendo os lugares máis significativos nunha ruta fotográfica coa que puideron coñecer unha boa parte da historia da Coruña.

IMG_2016-04-06 00:39:48

De volta ao pavillón dos deportes, a cea e unha velada por seccións puxeron fin a un primeiro día cargado de intensas e divertidas actividades.

O domingo pola mañá levantáronse cedo, e a continuación do almorzo tivo lugar un acto de reflexión sobre a importancia de ser Scout en todos os momentos da nosa vida. Un xogo para desentumecer os músculos e poñer a proba o equilibrio, e de novo por grupos mixtos puideron participar nunha gymcana coa que coñecer mellor as tradicións e curiosidades dos Grupos Scouts de Scouts de Galicia.

12439122_1129648417055793_6890840950843209434_n

Despois de comer, recibiron a visita de dous representantes da Plataforma pola Educación que propoñían a creación de lemas a favor da mesma con motivo da próxima celebración da Semana da Educación. Inxenio, creatividade e implicación definiron o traballo realizado na elaboración de pancartas.

12524218_1012282015514057_1591198399354558108_n

O fin de festa púxoo o Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela interpretando a canción co que representarán a Scouts de Galicia no Festival Scout que terá lugar en Mérida. Adeus Scout como final e moitos amigos, coñecementos, experiencias e convivencia que encheu as mochilas dos que volvían ás súas casas.

IMG_2016-04-06 00:40:54



Deixe un comentario