Servizo de mandas

As manadas da nosa federación xuntáronse o pasado sábado día 5 de marzo en Perillo (A Coruña), para realizar a actividade de servizo de lobatos programada para esta ronda solar.  Este ano, tiveron a sorte de poder pasar o día con
algúns dos nenos de Down Coruña.

DSC_0080
Pola mañá, tras uns xogos rápidos para conocermos, foi o turno das actividades de integración que os rapaces de Down tiñan preparadas para os máis pequenos. Os lobatos e os nenos de Down aprenderon xogando, e case sen darse conta, que era a integración social.

Ademáis, despois dun par de xogos, os monitores de Down déronnos unha charla moi amena sobre a diversidade funcional na que os nosos lobatos participaron moi activamente.

Tras comer todos xuntos, foron os grupos scouts asistentes á actividade, os encargados de realizar unha minixincana de xogos para os peques de ambas asociacións. Todos eles, ambientados no corto ‘O Circo das Bolboretas’ que os nosos nenos viron semanas antes da actividade.

En resumen, foi unha xornada cargada de xogos, diversión e, como non, aprendizaxe adicada exclusivamente á diversidade funcional e, como comentaron nas diferentes charlas, ás diferentes características que posuímos cada un de nós.

A actividade de servizo foi un éxito en canto a resposta entre os nosos lobatos e entre
os nenos de Down que foron partícipes, durante todo o día, en todas as actividades
como se de unha manada máis se tratase.

 

PODES VER A GALERÍA DE FOTOS NA NOSA PÁXINA DE FACEBOOK

Facebook – Scouts de Galicia

DSC_0027



Deixe un comentario