Servizo de Mandas 2016

O próximo Sábado 5 de Marzo realizarase a actividade de servizo das manadas de ASDE-Scouts de Galicia coa participación dos lobatos do grupo Semente , San Jorge 33, Tesela 691 e Ilex  e Chan 292. Ás 11:00 reunirémosnos en Perillo, nas pistas cubertas do concello (Av. da II República), para colaborar con Down Coruña. En primeiro lugar, os educadores desta asociación farán unha charla de sensibilización sobre a diversidade para os lobatos. Despois virán xogar con nós varios rapaces de  Down Coruña. Tódolos xogos que se realizarán despois de comer e ata ás 5.30 da tarde están dentro da ambientación dunha curta que visualizaron previamente cos seus grupos “O Circo das Mariposas”. Ó finalizar a xornada ás 5.30 farase unha avaliación da actividade cos rapaces e ás 6 remataremos cun  “adeus scout” de tódolos lobatos e vellos lobos participantes.



Deixe un comentario