CONCURSO DE LIBDUP

EN QUÉ CONSITE:

Tratase dun concurso non profesional organizado por ASDE Scout de Galicia e encadrado dentro do programa de iniciativa xove da xunta de Galiza co obxetivo de traballar:

  1. A creatividade dentro dos contidos da igualdade de xénero.
  2. Desenrolar habilidades artísticas, de interpretación e produción a través do medio audiovisual.

Poderán participar tódolos rapaces e rapazas da comunidade galega.

Este concurso ten carácter competitivo. A actividade consistirá na gravación dun libdup no formato e temática descritas a continuación nas bases do concurso.

O envío da gravación se realizará o seguinte: [email protected]

 

BASES DO CONCURSO:

1. Duración do libdup: mínimo 2 minutos e máximo 3 minutos e medio, créditos incluídos.

2. Formato de entrega dixital: archivos AVI

3. Temática: igualdade de xénero

4. Non haberse presentado o libdup noutro concurso fose premiado ou non.

5. O xurado está composto por un membro do ESX e dous especialistas do mundo audiovisual. A baremación realizarase mediante un sistema de puntuación do 1 ao 5 atendendo os seguintes criterios:

  • Orixinalidade.
  • Participación infantil e xuvenil.
  • Contidos pedagóxicos
  • Calidade técnica do lipdub (tendo en conta a execución non profesional).
  • Calidade interpretativa.

6. Presentar: a ficha de inscripción para participar antes do 11 de outubro do 2015.

7. Entregar o libdup como data máxima o 15 de outubro do 2015.

8. A participación do concurso no lipdub supón a aceptación das bases.

9. Do mesmo modo se autoriza a ASDE Scouts de Galicia para a utilización dos videos para emplealos en medios de difusión e comunicación tales como páxina web e Facebook, así como para posibles futuras campañas lanzadas por ASDE Scouts de Galicia sempre respetando en todo momento os dereitos de autor.

10. Se no vídeo aparecen menores de idade necesitarase consentimento expreso dos pais da cesión de imaxes do menor a Asde Scouts de Galicia.

11. Estableceranse dous premios cun obsequio. Ademáis tolos participantes recibirán un certificado de participación e un obsequio. Os gañadores serán publicados na web e comunicaráselle tamén a través do mail.

 

 

 



Deixe un comentario