Indaba 2015

O fin de semana do 30 de maio tivo lugar a Indaba no Pazo Villa Melania en Vilaboa (Culleredo).

Participaron os Grupos Scouts 19 Ferrol, San Jorge 33, Chan 292, Semente 597, Vasco dá ponte 636, Tesela 922 e Xulio como convidado ao estar a formar un novo Grupo Scout en Ourense.

Na Indaba tratáronse temas como Crecemento, nunha mesa que durou todo o día, no que abordaron as situación dos grupos, puxeron en común as súas realidades e propuxeron ideas para poder mellorar esa realidade.

Ao mesmo tempo celebrábase a mesa de PAI e apadriñamento na que se trataron moitas inquietudes con respecto ao tema e puxeron en común o xeito de traballar este tema cada grupo.

Antes de comer realizáronse as investiduras de Insignia de Madeira a Alejandro Alcalde Souto e a Alejandra Llames Olveira. Cunha cerimonia moi sinxela pero emotiva.

Pola tarde tivo lugar a mesa de comunicación na que se trataron diferentes temas de seguridade, configuración e análise da realidade dos grupos como das redes sociais da Federación. Estudamos o xeito de mellorar a imaxe nas nosas redes sociais.



Deixe un comentario