50 Aniversario San Jorge 33

O Sábado 16 de maio pola tarde tivo lugar a celebración do 50 Aniversario do GS San jorge 33 en Begonte, lugar entrañable, onde adoitan facer os seus campamentos de verán. Ao acto acudiron os GS 19, GS Semente 597, GS Vasco dá ponte e o GS Tesela 922 e un monton de antigos scouts do GS 33 que recordaron vellos tempos, xuntáronse con antigos compañeiros de seccións.


No acto puidemos gozar da canción que levaron ao Festival Scout Galego, unha proxección de membros do Grupo que comentaban como chegaran, os seus mellores momentos e anecdotas graciosas, que deron lugar a uns discursos de agradecemento e de felicitación do actual coordinador do Grupo, do Presidente Scout Xeral e da Coordinadora do GS19.


Para rematar nada mellor que un adeus scout e unha foto con todos os que estabamos a celebrar o aniversario con eles.

Felicidades GS San Jorge 33.



Deixe un comentario