Así foi o #FestivalScoutGalego2015

 
Maís de 200 nenos, neas, mozos e voluntarios scouts se reuniron o pasado sábado en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de convivencia repleta de actividades, que culminou coa XXXV edición do Festival Scout Galego.
Acudiron os Grupos Scouts 19 (Ferrol), San Jorge 33 e Semente 597 ( ambos de A Coruña) e tamén unha delegación do recentemente creado Grupo Scout Tesela 922 (Lugo). O Grupo Chan 292 de Santiago exerceu o papel de anfitrión.
Os scouts asistentes foron recibidos no patio do colexio La Salle por Laura Morales, educadora voluntaria do Grupo Chan e coordinadora do Festival.
Durante a mañá os nenos e nenas máis novos (Castores, Manada e Tropa Scout) puideron desfrutar de xogos tradicionais, grazas á colaboración da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional que nos fixo desfrutar como ananos!
Os mozos e mozas de Unidade Esculta e Clan, pola súa banda, aproveitaron que a tregua que deu a chuvia compostelana para poder realizar unha visita ás cubertas da Catedral de Santiago, onde desfrutaron dunhas vistas espectaculares da cidade.
Xa pola tarde tivo lugar o certame musical nas instalacións que o Colexio La Salle cedeu gustosamente, e tivemos o honor de contar coa asistencia de autoridades como Dª María Begoña Mosteiro Blanco, subdirectora xeral do Instituto da Xuventude de Galicia, e Dª Yolanda Otero Balsa, subdirectora de Promoción e Actividades da Dirección Xeral de Xuventude. Tamén acudiron familiares e amigos dos rapaces, o que sumou cerca de medio milleiro de persoas.
Festival foi moi ameno e emocionante, gracias a participación e colaboración de todos e todas. A presentación do certame foi asumida polo Clan “Tayali” de Rovers do Grupo Chan, que realizou unha serie de fermosos videos para presentar aos distintos Grupos participantes. En cada video de podía observar como os rovers elaboraban mediante diferentes manualidades as pañoletas de cada Grupo. E así foron sucedéndose as actuacións musicais, no escenario marabillosamente ambientado e decorado polo Comité de Nais e Pais do Grupo Chan.
Ao fin chegou o momento da deliberación, que se realiza mediante unha votación na que todos os scouts asistentes poden opinar cal foi a canción que máis lles gustou, tendo a mesma importancia o voto do pequeno e do maior.
O resultado do reconto final das papeletas foi anunciado polo Presidente Scout Xeral, Adrián Rodríguez, e deu como gañadora á canción do Grupo Chan 292 de Compostela, que terá a misión de representarnos no vindeiro Festival Scout de 2016.
E non esquenzades que a semana próxima terá lugar en Pinto (Madrid) o Festival Scout de ASDE-Scouts de España, no que o Grupo 19 de Ferrol nos representará a todos e todas os scouts de ASDE-Scouts de Galicia, e por iso lles desexamos ¡moita sorte e moi boa ruta!


Deixe un comentario