VIII Conferencia Scout

VIII Conferencia Scout

VIII Conferencia Scout

O fin de semana do 4 e 5 de abril ASDEScouts de España celebrou a VIII Conferencia Scout, órgano de estudo, reflexión e avaliación das políticas de ASDE. Esta concluíu as directrices que han de guiarnos para a xestión da nosa organización e estrutura.

Nela aprobáronse os seguintes documentos:

  Novas necesidades = Nova Organización.

Niveis de competencias en función do ámbito territorial de actuación da nosa estrutura. Que queremos de ASDE?, é a pregunta que deberemos responder. Relator: Borja Amador Martínez.

  Xestionando a Seguridade no Escultismo.

 

Establece as liñas políticas que permiten desenvolver un sistema integral de xestión de riscos nas actividades dos nosos grupos scouts. Relator: Pablo Álvarez García

 

Dende Scouts de Galicia queremos agradecer a presenza e participación de Ángela Souto Vieites (GS Chan 292) por participar nas mesas preparatorias de “Xestionando a Seguridade no Escultismo” e a de Alberto González Muiño e Fernando González Muiño (ambos os dous do GS San Jorge 33) por representarnos na VIII Conferencia Scout. O seu bo labor e participación é motivo de orgullo para todos os scouts galegos e un exemplo de compromiso cos valores que representa o escultismo.
Non poden esquecérsenos o noso querido Pablo Álvarez García (GS Chan 292) que exerceu o seu labor ao longo de todas as mesas e na conferencia como relator de ASDE no documento de “Xestionando a Seguridade no Escultismo”, por iso queremos sumarnos a todas as mostras de gratitude e felicitación que recibiu por iso. ASDEScouts de Galicia, de novo ten que darche o parabén e as grazas polo teu gran labor e unha nova mostra máis de servizo ao escultismo.

 



Deixe un comentario