Módulo de Primeiros Auxilios, Dinámicas de Grupo e Comunicación

Modulo Primeiros auxilios, dinámicas de grupo e comunicación

Modulo Primeiros auxilios, dinámicas de grupo e comunicación

Os días 14 e 15 impartiuse no Pazo de Vilaboa en Culleredo o módulo de Primeiros Auxilios, Dinámicas de Grupo e Comunicación do curso de MATL-NG. Agradecer a asociación ASGATE a súa desinteresada colaboración nunha formación de calidade e poder así facer fronte con garantías as emerxencias sanitarias as que nos podemos enfrontar durante as nosas actividades scouts.

Tamén agradecer ao concello as facilidades dadas para dispoñer durante toda a fin de semana deste bonito Pazo.

Fin de semana de formación e tamén de seguir construíndo Federación cos scouters asistentes dos grupos 19 Ferrol, San Jorge 33, Chan 292, Semente 597 e Vasco da Ponte 636.

A seguir con forza!



Deixe un comentario