Desarrollo Servicio de Castores-Manada 2015

Servicio de Madanda 2015

O pasado Sábado 28 de Febreiro realizouse a actividade de servizo de castores e manadas de ASDE-Scouts de Galicia coa participación dos castores e lobatos do G.S. Semente (A Coruña) e os lobatos dos grupos: G.S. 19 (Ferrol), G.S. San Jorge 33 (A Coruña) e G.S. Chan 292 (Santiago). A primeira hora da mañá trasladáronse aos arredores do Río Sar en Santiago de Compostela para colaborar con Adega Adega no Proxecto Ríos. Durante a meirande parte da mañá os castores e lobatos procederon a desenvolver diferentes tarefas de limpeza e recollida de lixo no propio río e nos seus arredores rematando cara o mediodía cun coloquio cun dos biólogos e educador ambiental da asociación. Puideron así profundizar na problemática da contaminación dos ríos, no proceso do ciclo da auga, etc. así como resolver todas as cuestións e dúbidas que os nenos/as tiñan. Despois  do xantar, trasladáronse a outra zona de Compostela para a realización das diferentes actividades programadas nas que aprenderon os peixes propios dos ríos galegos, a flora e fauna da zona, os diferentes elementos nocivos e contaminantes producidos polo ser humano que afectan á natureza, etc. Esta xornada rematou a carón do Río Sar co “adeus scout” de todos os castores, lobatos e vellos lobos participantes. Unha vez máis, as ramas máis cativas de ASDE-Scouts de Galicia lanzáronse a cumprir e expandir o seu lema “Faremos o mellor”.



Deixe un comentario