Servizo de Clanes 2015

2015 03 servizo rover 003
A pasada fin de semana realizouse a actividade de servizo de Clan de ASDE-Scouts de Galicia coa participación dos rovers dos grupos 19, San Jorge 33, Chan 292 e Vasco da Ponte 636 . Nesta ocasión desprazámonos ata o centro de recursos que o concello de Narón posúe e xestiona xunto a Cáritas e Dignidade, adicado ao almacenaxe de diverso material que posteriormente é repartido entre familias necesitadas. O noso cometido foi realizar determinadas tarefas seguindo as indicacións do responsable do almacén: Montaxe e reubicación de estanterías, clasificación e almacenamento de roupa e louza, revisión e reparación de xoguetes, empaquetado de produtos sanitarios para botiquíns, así como elaborar listados dos alimentos gardados, tendo en conta a súa data de caducidade ou consumo preferente.
Unha vez finalizado o servizo, dirixímonos ao local do Grupo Scout Vasco da Ponte para continuar co resto de actividades programadas. Unha xuntanza para coñecer aspectos singulares relacionados co funcionamento e tradicións de cada Clan e pola noite uns xogos de distensión como velada. O domingo, despois de almorzar, tocou avaliación e trala recollida e limpeza do local, os clanes despedíronse ata unha nova ocasión.
Grazas a todos e todas as rovers e scouters participantes polo voso gran traballo!



Deixe un comentario