Servizo de Clanes 2015

Este fin de semana terá lugar o servizo de clan coa participación de 4 grupos pertencentes a ASDE-Scouts de Galicia, dende o sábado 28 febreiro ás 11:00 ata o 1 de marzo ás 11:30 en Ferrol.

O sábado levarase a cabo o servizo en colaboración co centro de recursos de Narón. Trátase dun centro do Concello de Narón, Cáritas e Dignidade que xestiona e ofrece todo tipo de axudas, alimentos, vestimenta, mobiliario… A persoas en maior dificultade económica. O centro de recursos leva a penas 2 anos en funcionamento, e debido á frecuente entrada e saída de aparellos necesitan colaboración na selección e almacenaxe do material alí gardada para a súa posterior repartición.
A actividade consistirá en revisar material como xoguetes, cochiños de bebe, roupa e seleccionar o que esta en bo estado para a súa almacenaxe. Tamén se colaborará no inventariado de material.

Á volta do servizo levaremos a cabo unha actividade de intercambio de tradicións dos clans e unha posterior reunión.



Deixe un comentario