Servizo de Castores e Mandas 2015

O sábado 28 de febreiro de 10:00 a 17:00, terá lugar o servicio de Castores-Manada.

A actividade consiste nunha recollida de lixo na beira do río Sar na zona do Multiusos, en Santiago de Compostela. Neste servizo, no que colaboramos con Proxecto Ríos (Adega), farase unha limpeza moi necesaria e os rapaces e rapazas aprenderán a recoñecer a fauna e fauna que atopemos no río. A continuación faranse unha serie de xogos a modo de gymkana de temática medioambiental, para finalizar cun xantar conxunto.



Deixe un comentario