Presentación do Grupo Scout Tesela 922

 

GSTesela922

 

 

O pasado sábado día 29 tivo lugar un acontecemento que desexabamos ver dende hai moitos anos: A formación dun novo Grupo Scout en Galicia.

Ás 5 da tarde nos locais da Parroquia de San Antonio de Padua de Lugo, presentouse o Grupo Scout Tesela. Que nace co obxectivo de conformarse como Grupo Scout de ASDE e que supón o primeiro GrupoScout de ASDE Scouts de Galicia fóra da provincia da Coruña, feiro que no se producía dende hai moitos anos.

Desexámoslle as fundadoras do Grupo Scout Tesela (cada unha das pezas que compoñen un mosaico) que teñan unha boa caza e unhas longas lúas neste novo proxecto e que moi pronto teñan un mosaico moi numeroso.



Deixe un comentario