II Foro de Scouters de ASDE – Scouts de Galicia

DSC_5154

Os días 27 e 28 de setembro tivo lugar en Razo (Carballo) o II Foro de Scouters de ASDE – Scouts de Galicia. Este foro é un espazo de debate e planificación aberto a todos os Scouters (educadores voluntarios) dos Grupos Scouts que conforman a nosa Federación. Nel evalúanse todas as actividades da Rolda (curso scout) pasada, e planifícanse todas as desta Rolda. Tamén é un espazo aberto ao debate sobre o funcionamento da nosa ONGD e onde se acordan as principais accións a levar a cabo no Plan Anual.

50 Scouters (educadores voluntarios) dos Grupos 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol; San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña e Chan 292 de Santiago de Compostela participaron de forma moi activa en todas as reunión.

Pero o Foro deste ano tivo moito máis que as devanditas mesas de traballo. Foi un fin de semana de emocións e recoñecementos.

Varios Scouters (Ángel Fernández, Irene Rivera e Martín Viturro) recibiron a súa “Insignia de Madeira”, distintivo de compromiso e Servizo que acredita a finalización da súa formación (tamén como Directores de tempo Libre). Varios Formadores (Javier Castro, Prisco Marcos e Antón Lama-Pereira) da nosa Escola de Tempo Libre a “Escola Scout Insignia de Madeira (ESIM)” recibiron a súa IV Madeira, distintivo tamén de compromiso e Servizo que acredita a finalización da súa etapa como Formadores de Scouters e un dos nosos Formadores (Pablo Álvarez) Recibiu a súa acreditación de Formador de Formadores. Os distintivos foron entregados por Diego Cobos, Presidente de ASDE Scouts de España que xunto a Rocío García, Secretaria de ASDE Scouts de España acompañáronnos nesta actividade.

2014 09 4º madera Prisco

A continuación o noso Presidente Scout Xeral, Javier Castro, fixo entrega de dous recoñecementos ao Servizo prestado por dous Scouters do Grupo 19 de Ferrol; D. Juan Jesús Gil recibiu o estatus de “Socio de Honra” polos máis de 43 anos de Servizo como Scouter no seu Grupo; e D. Francisco Vázquez, recibiu o “Trisquel de Prata” máxima distinción da Federación polo seu Servizo no Grupo e en ASDE –  Scouts de Galicia durante máis de 35 anos. Foi un acto cheo de emotividade, coas verbas dos homenaxeados, as dos Presidentes de ASDE – Scouts de Galicia e ASDE Scouts de España e as da Coordinadora do grupo 19 de Ferrol (Raquel Piñeiro).

1536533_337565303069516_1256876402386933350_n

Este foro albergou tamén unha Asemblea Scout Xeral extraordinaria, para proceder ao relevo do Equipo Scout Xeral. A despedida do Equipo saínte tamén estivo cargada de emoción e emotividade que foi contaxiada aos presentes, que arroparon cos seus aplausos e agarimo a todos os membros deste Equipo. Pero o importante era dar o relevo a novas persoas, ideas e estilos e a candidatura que se presentaba non saiu defraudada co apoio recibido por parte de todos os Grupos. O Equipo Scout Xeral quedou constituido da seguinte maneira (moitos parabéns!):

  • Presidente Scout Xeral e Coordinador de Recursos Humanos: Adrián Rodríguez Pernas
      • Director da ESIM: Javier Castro Vázquez
      • Xestora da ESIM: Emilia Pena López
  • Secretario Scout Xeral: Ángel Fernández Romero
  • Tesoureira Scout Xeral e Coordinadora de Crecemento: Tania González Rollón
  • Coordinadora de Programas Educativos: Nuria Castro Martínez
      • Colaboradora da Área de Programas Educativos: Ana Marcos García-Conde
  • Coordinador de Comunicación: Ricardo San Vicente Esperante
  • Coordinador de Internacional e Colaborador de Recursos Humanos: Pablo Martínez Vázquez

DSC_5178

Pero non todo foron reunións ou actos; tamén tivemos tempo para o divertimento, con actividades de aventura e na praia, así como a cea de confratenización e a festa nocturna posterior.

Tralo plenario do domingo a clausura do II Foro de Scouters marcou o inicio da Rolda 2014 – 2015 para ASDE – Scouts de Galicia.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación, polo voso traballo, polo voso compromiso e polo voso Servizo. FELIZ ROLDA!

Sempre Listos Para Servir

 

 



Deixe un comentario