Estivemos presentes no Consejo de ASDE – Scouts de España

DSC_4027

O noso Secretario e Reponsable de Internacional e o noso Coordinador de Programas Educativos,  acudiron en representación de ASDE – Scouts de Galicia ao Consejo de ASDE – Scouts de España que tivo lugar en Madrid os días 14 e 15 de xuño na sede do Consejo de la Juventud de España.

O Consejo de ASDE – Scouts de España está formado polo Equipo Directivo da Federación e os Presidentes (ou os seus delegados) de todas as Organizacións Federadas. Nesta convocatoria estivemos a avaliar todo o realizado ao longo da Rolda 13-14 e presentamos a campaña de verán. Tamén afrontáronse problemas e buscáronse as súas solucións traballando en equipo, todo iso sen descoidar a formación xa que houbo tempo de recibir una sesión sobre a participación no tecer sector, impartida por un formador de Cruz Vermella Española (é importante compartir experiencias e recursos con outras ONG).

Tamén tivemos momento de celebración xa que o Presidente de ASDE – Scouts de España fixo entrega da inscrición de novos Grupos Scouts a ASDE – Scouts de Aragón, ASDE – Exploradores de Castilla y León y ASDE – Exploradores de Madrid. Os nosos parabéns a todos eles!

DSC_4016

 



Deixe un comentario