XXXIV FESTIVAL SCOUT GALEGO

DSC_3668

O Grupo Scout Hércules 283 da Coruña, foi o organizador do XXXIV Festival Scout Galego de ASDE – Scouts de Galicia, que tivo lugar na cidade herculina o día 29 de marzo. Medio milleiro de persoas entre Scouts, Scouters e familiares e amigos, déronse cita no Colexio Calvo Sotelo, grazas a colaboración da Deputación da Coruña.

Cinco dos seis Grupos Scouts que compoñen ASDE – Scouts de Galicia estiveron a por en común a través do xogo e a música os valores de encontro, liberdade, respecto e ledicia que caracterizan calquera actividade scout. O Festival Scout Galego é moito máis que un certame musical, é un punto de encontro, é convivencia, é amizade, é descubrimento e é plans de futuro.

Pola mañá os Scouts estiveron a compartir talleres e xogos, e sobre todo experiencias, ao tempo que comezaban os ensaios para o Certame da tarde. E tralo xantar compartido entre as distintas seccións educativas: Castores (6-8 anos); Lobatos (8-11 anos); Scouts (11-14 anos); Escultas (14-17 anos) e Rovers (17-20 anos) empezaron a chegar os familiares e amigos buscando acomodo nun auditorio que se llenou dun grande ambiente.

DSC_3622

O Certame conducido axilmente por Rovers do Grupo Scout organizador, foi transcorrendo entre aplausos, cancións e montaxes audiovisuais ata que o xurado, que recolleu os votos de todos os Scouts presentes, comunicou que o gañador do mesmo era o Grupo Scout 19 de Ferrol, que representará a ASDE – Scouts de Galicia no Festival Scout de ASDE – Scouts de España o ano que ven.

Este ano será o Grupo Scout Semente 597 da Coruña o que acudirá a Benidorm para representar á nosa Federación por ser o gañador do Certame o ano pasado.

Actuación do Grupo Scout 19 de Ferrol:

DSC_3697

Actuación do Grupo Scout San Jorge 33 da Coruña:

DSC_3683

Actuación do Grupo Scout Hércules 283 da Coruña:

DSC_3670

Actuación do Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela:

DSC_3718

Actuación do Grupo Scout Semente 597 da Coruña:

DSC_3663

Dende aquí queremos agradecer aos Grupos Scouts; a todos e todas, aos familiares e amigos a súa participación e implicación. Tamén queremos destacar o noso agradecemento ao Grupo Scout Hércules 283 polo seu traballo na organización do Festival.

Por último agradecemos a presenza da Secretaria Scout de ASDE – Scouts de España que quixo acompañarnos en representación do Equipo Scout da Federación.

DSC_3656 - copia

 

 

 

 

 

 

 



Deixe un comentario