ASDE – Scouts de Galicia maniféstase en contra da excravitude sexual

Ante a recente noticia do rescate polas Forzas de Seguridade do Estado dunha nena de tan só 15 anos que estaba a ser utilizada coma escrava sexual nun club de alterne na Escravitude, preto de Santiago de Compostela; ASDE – Scouts de Galicia quere mostrar a súa máis absoluta repulsa, e o seu máis firme compromiso coa defensa dos dereitos das nenas e nenos e especialmente coa salvagarda da súa liberdade e dignidade.

Dende a nosa Federación mostramos a nosa desconformidade coa permisividade e tolerancia que moitas veces a sociedade mostra con esta realidade de escravitude moderna, afecte a menores ou a adultos.

Sentimos vergoña de que concidadáns nosos, utilicen menores como escravos sexuais e solicitamos as Autoridades que actúen da forma máis severa posible para atallar a trata de persoas.

Animamos a todos os cidadáns comprometidos coa liberdade e a dignidade das persoas a denunciar calquera situación de abuso que chegue ao seu coñecemento.

Manifesto pola non discriminación



Un comentario a “ASDE – Scouts de Galicia maniféstase en contra da excravitude sexual”

  1. Arturo di:

    Totalmente de acuerdo con vosotros. Es indignante que esto suceda aquí o en cualquier otra parte del mundo. Habéis utilizado la palabra correcta “vergüenza”.
    No entiendo como se puede abusar, o consentir el abuso, sobre cualquier persona, pero especialmente de un niño o una niña. Lo más triste es que el lugar donde esta niña fue esclavizada sigue funcionando.

Deixe un comentario