I Foro de Scouters de ASDE – Scouts de Galicia

DSC_2605

O pasado día 28 de setembro, tivo lugar na Coruña o I Foro de Scouters (voluntarios adultos) de ASDE – Scouts de Galicia. Máis de 40 scouters dos Grupos 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol; San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña e Chan 292 de Santiago de Compostela, estiveron a traballar na planificación da Rolda 2013 – 2014, para ofertar un programa de actividades atraentes e educativas para os scouts cos que traballan nos seus Grupos.

DSC_2611

Trala presentación en Plenario pola mañán, os scouters estiveron a traballar repartidos por equipos das 5 sección educativas coas que conta o método scout: Castores (6-8 anos); Lobatos (8-11 anos); Scouts (11-14 anos); Escultas (14-17 anos) e Rovers (17-20 anos), co obxectivo de poder propor ideas de actividades, accións e servizos aos nenos e nenas e mozos e mozas que forman parte das mesmas, para que eles mesmos elixan as que queren desenvolver implicándose no seu deseño e execución.

DSC_2617

Pola tarde as mesas de traballo estiveron divididas por Áreas (Presidencia e Recursos Humanos; Secretaría e Tesourería; Programas Educativos e Crecemento, Comunicación e Internacional) para establecer as prioridades para o Plan Anual desta Rolda para facer una Federación máis áxil e máis centrada nas necesidades dos Grupos Scouts.

DSC_2609

O Plenario referendou os acordos tomados polas mesas e serviu para por en común todo o traballado nas mesmas. A Rolda 2013-2014 quedou aberta… Boa Ruta a todos e todas.

…e non todo foi traballar; na metade da xornada gozamos dunha comida de irmandade, onde por primeira vez en moito tempo tivemos que pedir que non sacaran máis racións… ;)



Deixe un comentario