Os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia comezan os seus Campamentos de Verán

DSC_0324

A Rolda (curso scout) 2012 – 2013 vai chegando ao seu fin. Durante todo o ano os nenos/as e mozos/as dos Grupos Scouts da nosa Federación estiveron a vivir experiencias a través de multitude de actividades; no ar libre e a natureza, na cidade, xogos, servizo social e solidario, descubertas, formación, etc. tanto no seu Grupo como en conxunto con outros Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia, de ASDE – Scouts de España e de outras Organizacións Scouts de outros países.

Pero aínda queda por vivir una das mellores experiencias do ano: o Campamento de Verán. Todo o vivido na Rolda vaise verter no campamento. É o gran remate, o momento de afastarse da cidade, de construír un fogar novo por uns días e, sobre todo, de compartilo cos compañeiros/as e as xentes do lugar. No campamento o límite son as ilusións de cada un.

¡FELICES CAMPAMENTOS A TODOS E TODAS!

Podedes encontrar información dos campamentos dos nosos Grupos scouts neste enlace:

http://scoutsdegalicia.org/conocenos/grupos-scouts/

 

 



2 comentarios a “Os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia comezan os seus Campamentos de Verán”

  1. Arturo di:

    ¡FELICES CAMPAMENTOS!

  2. Félix di:

    Buena caza a todos!

Deixe un comentario