O Grupo Scout Hércules 283 crea unha aplicación para o móbil

caratula-app-scout-sombra-trans
O Grupo Scout Hércules 283 da Coruña, ven de desenvolver unha aplicación (gratuíta e sen publicidade) para teléfonos móbiles tipo Android. Grazas a este programa autoinstalable seus usuarios podrerán ter a todo un mundo de información scout ao alcance do seu peto.

Aínda que a aplicación está principalmente enfocada á información propia do Grupo conta tamén con canles coas novas de ASDE – Scouts de GaliciaASDE – Scouts de España e mesmo da Organización Mundial do Movemento Scout (en inglés), co que pode ser unha aplicación útil tamén para scouts doutros Grupos.

En canto á información propia do Grupo, esta aplicación permite ter un rápido acceso de xeito claro e sinxelo as novas do propio Grupo, a todas as súas galerías de fotos, vídeos e música. Tamén inclúe unha axenda de eventos e unha relación dos scouters (voluntarios adultos) que axudará ás familias a identificar mellor cales son os da sección educativa na que están as súas fillas e fillos ou a quen deben dirixirse para cuestións que teñan que ver coa secretaria, tesourería, etc. Ademais a aplicación inclúe unha rede social propia, independente e exclusiva, coa que seus usuarios poderán indicar que novas, fotos ou outros elementos lles gustan e tamén comentalos.

Podedes ver máis información sobre esta aplicación nesta páxina do Grupo Scout Hércules 283.



Deixe un comentario