Día do Servizo; día de San Xurxo

Os nosos scouts máis pequenos, no marco das súas actividades aprenden que alomenos teñen que facer unha cousa boa ao día; unha “boa acción diaria”. Parece un mero xogo pero non o é. Cando o neno/a interioriza que facer ese algo bo ao día é algo importante, algo que lle preocupa, algo que é necesario para que o día remate, deixa de ser unha tarefa para converterse nun valor.

Os nosos scouts maiores, desenvolven esa idea ata que a converten nunha actitude vital: o servizo. Xa non se trata de facer algo bo ao día; trátase de ter unha actitude permanente de servizo, unha preocupación polas necesidades e problemas dos demais, do entorno, do medio ambiente e unha vontade de cambiar as cousas a mellor, de non conformarse e de ser axentes activos nese cambio.

Nun día como hoxe conmemoramos a figura de San Xurxo en todo o Movemento Scout, xa que na súa lenda se recolle o ideal de servizo e o afrontamento das dificultades.

Con esa idea queremos construír un mundo mellor.

545px-Blason_Fribourg_57.svg



Deixe un comentario a Anónimo