¿Vés de acampada?

Como soe ser habitual os scouts aproveitamos estes días de vacacións escolares pola Semana Santa para realizar unha das actividades que máis nos gustan e máis nos caracterizan: saír a pasar uns días en pleno contacto co medio ambiente. De modo que xeito todos os Grupos Scouts da nosa Federación realizarán acampadas durante estes días.

Pero tamén é o tempo das actividades federativas nas que poidan convivir nenos e nenas de distintos Grupos Scouts. Así por exemplo, entre os días 28 e 30 terá lugar en Iñás o IAHOO 2013, no que participarán máis de 30 lobatos e lobatas dos Grupos 19 de Ferrol, San Jorge 33 de A Coruña e Chan 292 de Santiago de Compostela. Nesta ocasión o Iahoo estará especialmente centrado no coñecemento dos Dereitos da Infancia, o fomento da autonomía persoal e a adquisición de hábitos de consumo responsable entre outros obxectivos. Sempre mediante o xogo, obradoiros e actividades dinámicas e divertidas.

O hashtag para twitter será #Iahoo2013

E tamén terá lugar o AQUELARRE, que é a gran actividade conxunta que reúne a escultas de distintos lugares de Galicia. Os propios mozos e mozas das Unidades Esculta teñen un papel protagonista no deseño e programación do Aquelarre, que nesta ocasión, ademáis de convivir durante tres xornadas tratarán de mellorar os seus coñecementos sobre prevención de enfermidades de transmisón sexual ou concienciarse da importancia dun consumo responsable e un uso axeitado das novas tecnoloxías de comunicación, entro outros temas de traballo.

O #Aquelarre2013 terá lugar en Narahío durante os días 25, 26 e 27, e contará coa participación dunhas 40 persoas entre escultas, scouters e equipo de apoio, pertencentes aos Grupos Scouts Chan 292 de Compostela, e San Jorge 33, Hércules 283 e Semente 597 de A Coruña.

¡Que o disfrutedes moito!



Deixe un comentario a Anónimo