Curso de saúde

DSC_0619

A pasada fin de semana (16 e 17 de marzo), tivo lugar en Présaras o Módulo de Saúde do curso de No Gilwell – Monitor de Tempo Libre. 15 Scouters (voluntarios adultos) dos Grupos Scouts 19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol; San Jorge 33 e Hércules 283 da Coruña; e Chan 292 de Santiago de Compostela seguen a avanzar na súa formación para ser mellores educadores, e prestar mellor servizo aos scouts cos que están a traballar.

O Módulo estivo centrando nas seguintes temáticas: hábitos saudables, autoestima, asertividade, transtornos da alimentación, dependencias, afectividade e sexualidade. As sesións foron impartidas por Formadores da ESIM e ténicos externos de ABAGAL (asociación que traballa os transtornos da alimentación) e a Unidade de Día da UMAD (Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes do Concello de Santiago de Compostela). A avaliación, tanto dos alumnos como dos formadores, foi moi positiva.

DSC_0620



Un comentario a “Curso de saúde”

  1. María di:

    Chicos, me encanta ver tanta alegría y ¡viva la asertividad!!!
    ;-)

Deixe un comentario