Visita da Secretaria Scout Federal de ASDE – Scouts de España

O pasado venres 8 de marzo, aproveitando a súa estancia en A Coruña, Rocío García, a Secretaria Scout Federal de ASDE – Scouts de España, mantivo unha reunión con Pablo Álvarez o  noso Secretario Scout Xeral. Nela intercambiaron opinións sobre as necesidades da Federación en xeral e da nosa Organización Federada en particular.

Foi unha reunión informal e moi cordial na que estiveron a valorar diversos procesos federais e a necesidade de actualización de Estatutos e Regulamentos. Unha parte máis “gris” do noso traballo, pero moi necesaria para o bo funcionamento de calquera entidade.

Agradecemos a Rocío a súa presenza na nosa Oficina.



Deixe un comentario a Anónimo