ASDE – Scouts de Galicia, pola paz

Nun día como hoxe, ASDE – Scouts de Galicia,  quere unirse a dor de todas aquelas persoas que perderon a vida pola senrazón da violencia.

(Extracto do documento Misión, Visión e Valores de ASDE – Scouts de España)

Manifestámonos abertamente a favor da cooperación e a unidade entre os pobos, como un paso máis hacia a irmandade e a idea dun mundo como unha aldea global, así como:

1) Solidarios cos problemas e privacións das persoas e dos pobos e con calquera tipo de discapacidade na súa integración no entorno social.

2) A favor do respecto aos dereitos e deberes cidadáns que a Constitución Española recolle, especialmente en materia de servizo á sociedade.

3) A favor do trato xusto a todas as persoas, con especial sensibilidade hacia as que sufren marxinación ou están perxudicadas polos efectos do paro e a precariedade laboral. Educamos para o consumo responsable e o desenvolvemento de todas as potencialidades da persoa.

4) A favor da resolución pacífica e dialogada dos conflitos, rexeitando calquera tipo de violencia, tortura e malos tratos, constatando que a solidariedade, a tolerancia e o diálogo forman parte do máis valioso legado da familia humana.



Deixe un comentario