XXXIII Festival Scout Galego en Ferrol

Os días 2 e 3 de marzo tivo lugar en Ferrol o XXIII FESTIVAL SCOUT GALEGO. Baixo o lema de “Festival da Convivencia” e organizado polo Grupo Scout 19 de Ferrol, que celebra o seu L Aniversario, máis de 300 nenos, e nenas, mozos e mozas e voluntarios/as dos 6 Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia atopamos un espazo para a convivencia, o xogo, a música e a natureza.

O sábado pola mañá gozamos dunha singradura pola Ría de Ferrol cun tempo estupendo, trala que fomos recibidos polo Alcalde no Concello para inaugurar formalmente a actividade. Pola tarde tivo lugar o certame musical do que resultou gañador o Grupo Scout Semente 597 de A Coruña, que representaranos no Festival Federal de ASDE – Scouts de España o ano próximo. Pola noite cada sección educativa realizou actividades, talleres e xogos relacionados co lema do festival: A Convivencia.

O domingo estivo dedicado a desenvolver máis actividades. Os castores (6-8 anos) e os lobatos (8-11 anos), fixeron xogos e talleres, os scouts (11-14 anos) fixeron un xogo de cidade, os escultas (14-17 anos) unha carreira de orientación e os rovers (17-20 anos) realizaron unha ruta. Pola tarde tivo lugar a clausura da actividade.

Grupo Scout Vasco da Ponte 636 de Ferrol

Grupo Scout Hércules 283 de A Coruña

Grupo Scout Chan 292 de Santiago de Compostela

Grupo Scout 19 de Ferrol

Grupo Scout San Jorge 33 de A Coruña

Grupo Scout Semente 597 de A Coruña

(gañador do certame musical)

Rocío García, Secretaria Scout Federal de ASDE – Scouts de España,

co noso Coordinador de Recursos Humanos; Iván Arceo

Raquel Piñeiro, Coordinadora do Grupo Scout 19 de Ferrol,

é investida Insignia de Madeira e recibe o distintivo do seu Servizo

Lembrade que podedes atopar máis fotos do Festival na nosa páxina de Facebook



6 comentarios a “XXXIII Festival Scout Galego en Ferrol”

  1. Xulio López di:

    Para min foi a miña primeira experiencia nun Festival e teño que dicir que a parte musical gustoume moito máis do que esperaba. Sentinme cheo de orgullo vendo aos nosos rapeces, do Hércules 283, aí subidos e facendo unha estupendisima actuación. A todos nos gusta gañar pero aínda que sone a tópico ñoño penso que a satisfacción non podería ser maior que a que xa foi ver á xente do meu grupo vivir e disfrutar o momento, unidos como unha piña. Cando un pon tanta ilusión, paixón e se fai o mellor posible … que máis se pode pedir?

  2. […] podes atopar máis información e máis fotos do Festival neste artigo na páxina web de ASDE-Scouts de Galicia. Share this:TwitterFacebookLike this:Like Cargando… Categorías: ASDE-Scouts de Galicia, […]

  3. […] unha breve reseña da vivencia en primeira persoa dos rapaces e rapazas da Tropa Scout do que foi o XXXIII Festival Scout Galego, celebrado en Ferrol os pasados días 2 e 3 de marzo, coa participación e convivencia duns 300 […]

  4. Arturo di:

    Ha sido bonito y emocionante ver a toda la Federación ahí arriba.

    Enhorabuena a todos los Grupos por su participación y su trabajo.

    Enhorabuena al Grupo 19 por su organización.

    Enhorabuena al Grupo Semente 597 por su triunfo.

  5. […] XXXIII Festival Scout Galego en Ferrol 4 de Marzo de 2013 […]

  6. […] ASDE – Scouts de Galicia, para participar en el la trigésimo tercera edición del Festival Scout Galego, organizada por el Grupo 19 en su 50 aniversario.  Esta edición suponía nuestra vuelta a los […]

Deixe un comentario a ¡Pasámolo en grande no Festival Scout Galego! | Grupo Scout Chan 292