Ven ao XXXIII Festival Scout Galego!!!

 



Este sábado 2 de marzo comeza o XXXIII Festival Scout Galego de ASDE – Scouts de Galicia, que nesta ocasión se celebrará no recinto ferial de FIMO na cidade de Ferrol, e que está organizado polo Grupo Scout 19.

A recepción dos Grupos será ás 11.00 hs. A continuación está previsto realizar unha saída en lancha pola ría e, xa pola tarde, comezará o certame musical ás 18.00 hs. Á noite, despois da cea, haberá actividades por ramas.

O domingo pola mañá celebraránse xogos e roteiros polos arredores, para finalizar co acto de clausura ás 16.30 hs.

O sábado pola maña está confirmada unha recepción institucional por parte da Alcaldía de Ferrol, na que estarán presentes os Coordinadores e Coordinadoras dos Grupos Scouts e o Presidente Scout Xeral.

A gozar todos e todas esta fin de semana desta gran festa scout !!!

E lembrade o hashtag que podedes empregar en twitter para falar desta actividade: #FestivalScoutGalego

 



Deixe un comentario a Anónimo