Arquivo de Novembro, 2012

Día do Scouter

O director xeral de Xuventude recibiu o cheque do voluntariado de ASDE – Scouts de Galicia

ASDE – Scouts de Galicia celebrou o domingo 25 de novembro no pazo de Villa Melania (concello de Culleredo) a Asemblea Scout Xeral ordinaria. A xuntanza contou nesta ocasión coa visita do director xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, de cara a...


Contra a Violencia de xénero

Polo fin da violencia contra a muller

O 25 de novembro é o Día Internacional pola eliminación da Violencia contra a Muller e para os scouts, que somos un movemento que aposta plenamente pola importancia da coeducación, significa un feito moi destacable, polo que foi o protagonista dalgunha das actividades realizadas o...


Entrevista na TVG

ASDE – Scouts de Galicia na Televisión de Galicia

Entrevista a Prisco Marcos, Coordinador de Programas Educativos de ASDE – Scouts de Galicia, na canle pública autonómica Televisión de Galicia (TVG), pola celebración dos 100 anos da chegada dos scouts a Galicia e España.


100 anos

17 de novembro; 1912-2012: 100 anos educando en liberdade

En xullo de 1907 na Illa de Brownsea na Grande Bretaña, un home xenial e 20 rapaces empezaron unha aventura que cambiaría a vida de millóns de nenos e nenas, mozos e mozas e voluntarios e voluntarias adultos. O home era Lord Baden Powell of...


folleto xornadas de xenero

Participamos nas xornadas “A perspectiva de xénero a través do voluntariado” organizadas pola UDC

O pasado 25 de outubro un representante de ASDE – Scouts de Galicia participou como ponente  no “Panel de experiencias: o voluntariado dende unha perspectiva de xénero” para explicar as distintas políticas de actuación en materia de igualdade que desenvolvemos dentro do noso movemento.


clase de ivan no MBE 2012 para web asdega

Esta fin de semana principiou o curso de Monitor de Tempo Libre – No Gilwell

Como é habitual, Présaras acolleu un ano máis o inicio do curso de Monitor de Tempo de Lecer-Nó Gilwell que imparte a nosa Escola oficialmente recoñecida ESIM. Un total de 21 cursillistas, de distintos grupos da nosa Federación, asistiron ao primeiro módulo, o Básico de...