ASDE – Scouts de Galicia convoca un concurso de fotografía ambiental

ASDE – Scouts de Galicia convoca o I Concurso “Galicia Verde” de fotografía ambiental. Está dirixido aos castores, lobatos, tropeiros, escultas e rovers dos seis Grupos Scouts da federación.

O concurso busca as mellores fotografías que mellor reflictan a relación entre os scouts e o medio natural galego, de cara a fomentar a nosa concienciación sobre a importancia da prevención dos incendios forestais.

Haberá un 1º premio que levará a mellor fotografía, consistente nunha cámara de fotos dixital. Ademáis haberá tres 2º premios segundo 3 categorías: Castores/Manada; Tropa Scout; e Unidade Esculta/Clan.

Cada participante pode enviar un máximo de 2 fotos. Hai que enviar as fotografías participantes á dirección de correo [email protected].

O prazo para enviar as fotografías remata o 31 de decembro. Animádevos a participar!

Bases do Concurso (PDF).



Deixe un comentario a Anónimo