A Escola abre a matrícula para o curso de Monitor de Tempo Libre (Nó Gilwell)

A Escola Scout Insignia de Madeira abre o prazo de matrícula para o curso de Monitor de Tempo Libre (Nó Gilwell) correspondente á convocatoria 2012/2013.

O curso está dirixido tanto para socios de Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia como para non socios interesados en obter a titulación oficial, recoñecida pola Xunta de Galicia.

O prazo de matrícula permanecerá aberto até o vindeiro 29 de outubro. A continuación pódese descargar a información necesaria para apuntarse nos cursos:

 

Curso de Monitor



Deixe un comentario