ASDE – Scouts de Galicia estivo presente nas terceiras mesas da VII Conferencia Scout Federal

O pasado fin de semana 6-7 de outubro, representantes de ASDE – Scouts de Galicia estiveron a traballar nas terceiras mesas da VII Conferencia Scout Federal de ASDE – Scouts de España.

A Conferencia terá lugar en decembro de 2012 e nela, a Federación marcará as políticas e directrices das actuacións federais para os próximos tres anos.

Os valores, as persoas, as estruturas e o programa educativo son os temas que estanse a tratar en profundidade na busca dunha Federación mellor ao servizo dunha sociedade mellor.

 



Deixe un comentario