Os Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia comezan os seus campamentos de verán…

Os seis Grupos Scouts da federación ASDE – Scouts de Galicia, están a comezar os seus campamentos de verán. Tralo traballo desenvolvido polos scouts e os seus scouters (voluntarios adultos) ao longo do curso, chega o momento de por o remate a todos os logros e ilusións acadadados, e nada mellor que o marco e desafío que a Natureza ofrece lonxe das rutinas urbanas.

Castores (6-8 anos), Lobatos (8-11 anos), Scouts (11-14 anos), Escultas (14-17 anos) e Rovers (17-20 anos) serán os artífices das súas propias actividades, descubrindo que non hai nada mellor que o que un logra por si mesmo, traballando en equipo e co Servizo aos demais como meta.

Nos enlaces dos Grupos desta mesma WEB podedes ampliar a información.

Feliz campamento a todos e todas!

 

 



Deixe un comentario