“Pegada do Centenario”: actividades do Grupo Scout Hércules 283 e do Grupo Scout Semente 597

No marco do centenario de ASDE – Scouts de España e ASDE – Scouts de Galicia…

O Grupo Scout Hércules 283 da Coruña, tamén está a deixar a súa pegada; as actividades que están a desenvolver son:

– Plantar 100 árbores autóctonas en toda Galicia, unha árbore por cada ano da nosa federación en España e Galicia, o están a facer ao longo dos campamentos e actividades exteriores deste ano.

– O Grupo liberou 30.000 crías de troitas nos ríos da provincia da Coruña, un por cada membro da nosa federación en España. Esta actividade a fixeron en coordinación coa Xefatura Provincial do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.

– Os lobatos e lobatas (8 – 11 anos) do Grupo decatados do problema do Coltán dos móbiles (conflitos armados, nenos escravos e destrución ambiental en África) están a poñer o que está na súa man para cambiar as cousas, así que se marcaron conseguir reciclar 100 móbiles (tantos como anos ten a nosa Federación) dentro do programa mobilízate pola selva do Instituto Jane Goodall (IJG).

Podedes ampliar a información na WEB do Grupo: www.gs283.scout.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Grupo Scout Semente 597, tamén da Coruña, pola súa banda está a realizar a actividade seguinte para deixar a súa pegada:

– Campaña solidaria de recollida de tapóns entre todos os membros do Grupo para axudar a pequena Lola que naceu con parálise cerebral e cuxa operación estímase moi cara para a familia, polo que iniciou esta campaña á que moitas asociacións, colectivos ou empresas axuntaronse co fin de aportar o seu grao de area para que “Lola poida alcanzar ela mesma o seu propio caramelo”.

Podedes ampliar a información na WEB do Grupo: www.semente.org

 

 

 



Deixe un comentario