O domingo día 20 de maio tiveron lugar en Bergondo a Asemblea e o Consello da nosa Federación. Nunha intensa e longa xornada os scouters dos seis Grupos Scouts de ASDE – Scouts de Galicia, estivemos a traballar duro para renovar os Estatutos e aprobar o novo Regulamento da nosa ONGD.
Non é a parte máis motivadora do noso trballo como voluntarios, o que nos move sodes todos os scouts cos que temos a ledicia e a satisfación de traballar, acompañandovos no voso medrar. Pero sabemos que todo é importante cando é necesario para o bo funcionamento da Federación e de todos os Grupos, así que o esforzo mereceu a pena.
[…] http://scoutsdegalicia.org/2012/05/22/asemblea-e-consello-de-asde-scouts-de-galicia-facendo-federaci… […]
¡Épico!