Día de San Xurxo, día do Servizo

O 23 de abril é un día destacado para o escultismo, é un día de especial relevancia para todos os scouts onde a figura da lenda de San Xurxo e o dragrón recolle o espírito de servizo que os scouts temos presente no día a día.

Os scouts máis pequenos aprenden que cada día é importante facer alomenos unha boa acción por modesta que sexa, e co paso de tempo as “pequenas” boas accións dan paso a servizos de maior entidade, no entorno social, na natureza, no mundo do voluntariado… ata que a boa acción deixa de ser un compromiso dun neno ou unha nena, para ser unha actitude de servizo nos mozos e mozas e un estilo de vida cando son adultos.


Un comentario a “Día de San Xurxo, día do Servizo”

  1. […] día para ter especialmente presente o espírito de servizo aos demáis que debe caracterizar a un […]

Deixe un comentario