“A que non sabías que somos scouts?”

Campaña de crecemento do 636As seccións dos escultas e rovers do Grupo Vasco da Ponte 636 realizaron o pasado mes de marzo unha campaña de crecemento para darse a coñecer. Para iso, elaboraron uns carteis onde aparecían fotos súas encabezados coa pregunta “A que non sabías … que somos scouts?”.

Estos carteis colocáronos nos seus respectivos colexios e institutos. Neles presentaban ao grupo e animaban a todos e todas as interesadas a pasar unha tarde na Praza de Armas de Ferrol para coñecer de primeira man quen somos os scouts.

A convocatoria foi todo un éxito, e de feito, varias persoas asistiron despois a varias reunións no local scout e participaron no campamento da pasada semana santa. Desde aquí os nosos parabéns a esta interesante iniciativa. Sempre, orgullosos e orgullosas de ser SCOUTS.



Deixe un comentario