24 e 25 de marzo: módulos formativos en Présaras

Durante os días 24 e 25 de marzo, unha treintena de scouters (voluntarios/as adultos) dos seis Grupos de ASDE – Scouts de Galicia (19 e Vasco da Ponte 636 de Ferrol, San Jorge 33, Hércules 283 e Semente 597 da Coruña e Chan 292 de Santiago de Compostela) e formadores e técnicos da Escola Scout Insignia de Madeira recibiron ou impartiron módulos formativos das etapas Nó Gilwell – Monitor de Tempo Libre e Insignia de madeira – Director de Tempo Libre na localidade de Présaras.

ASDE – Scouts de Galicia, considera indispensable unha correcta formación dos seus voluntarios/as para poder ofertar unha acción educativa e de servizo de calidade.



Deixe un comentario