En marcha a preparación do Campamento Federal de Róvers

Campamento Federal de Róvers

O centenario de Scouts de España desenvolverá unha das principais actividades de conmemoración en Galicia. Trátase do Campamento Federal de Rovers, organizado por ASDE – Scouts de Galicia xunto con ASDE-Scouts de Cantabria.

Terá lugar do 4 ao 12 de agosto polo Camiño do Norte. A ruta discorrerá por Cantabria, Asturias e Galicia, alternando etapas a pé con desprazamentos en autocar para chegar á catedral de Santiago. Na actividade participarán uns 200 rovers de múltiples recunchos de toda España.

Durante todos os días da ruta realizaranse actividades educativas cuxo tema central será a cooperación ao desenvolvemento, aínda que tamén se traballará sobre aspectos de igualdade de xénero e coeducación, asi como sobre educación en valores, entre outros contidos. Para todo iso contaremos coa colaboración de diversas institucións.

O Campamento Federal colocará a Galicia no centro da celebración do centenario neses días de agosto, polo que a federación xa traballa a reo na preparación e organización, xunto con ASDE – Scouts de Cantabria, e co apoio de ASDE – Scouts de España.

Información dos campamentos federais de ASDE.



Un comentario a “En marcha a preparación do Campamento Federal de Róvers”

  1. Un róver di:

    Yo voy, qué buena pinta!

Deixe un comentario