Arquivo de Febreiro, 2012

Entrevista ao Comisionado Internacional

“Recoñezo que de pequeno non quería entrar nos scouts, pero que alegría ter continuado tantos anos”

Comezamos unha nova sección de entrevistas na páxina web falando co primeiro membro de ASDE – Scouts de Galicia que forma parte do Equipo Scout Federal. Pablo Bello (A Coruña, 1981) ingresou no Grupo Scout Semente 597 en 1991 no que traballou como scouter desde...



22 de febreiro, un día para lembrar…

Hai intres nos que é importante facer un alto no camiño e botar unha ollada ao recorrido, valorar cada paso, cada dificultade, cada éxito e cada tropezo. E logo, sen máis, seguir adiante, sempre adiante… …hoxe, 30 millóns de nenos/as, mozos/as e voluntarios/as adultos, lembramos...


Cursos da Escola

Masiva asistencia de scouters aos módulos de Nó Gilwell e Insignia de Madeira

ASDE – Scouts de Galicia aposta pola formación dos scouters como o camiño para realizar programas educativos de calidade. Así queda demostrado tras a celebración dos módulos dos cursos de Nó Gilwell (Monitor de Tempo de Lecer) e de Insignia de Madeira (Director de Tempo...



ASDE – Scouts de Galicia participa nos Servizos e Equipos Federais de ASDE – Scouts de España

O pasado fin de semana tiveron lugar en Becerril de la Sierra (Madrid) as reunións dos Servizos Federais de Programas Educativos e Recursos Humanos e dos Equipos Federais de Formación e Crecemento. ASDE – Scouts de Galicia estivo presente nas catro reunións cunha participación moi...


Novo vídeo institucional

ASDE – Scouts de Galicia presenta o seu video institucional

No seu empeño en implantar novas formas de comunicación, ASDE – Scouts de Galicia presenta o seu video institucional. Nel se trata de facer un resumo dos obxectivos da federación e dos seus Grupos, da metodoloxía educativa que se segue e das actividades que se...


Campamento Federal de Róvers

En marcha a preparación do Campamento Federal de Róvers

O centenario de Scouts de España desenvolverá unha das principais actividades de conmemoración en Galicia. Trátase do Campamento Federal de Rovers, organizado por ASDE – Scouts de Galicia xunto con ASDE-Scouts de Cantabria. Terá lugar do 4 ao 12 de agosto polo Camiño do Norte....


Inicio do centenario

Os scouts levan a celebración do centenario ao centro das cidades galegas

O centenario dos scouts en Galicia e en España comezou por todo o alto. Ben o saben os veciños da Coruña, Ferrol e Santiago que camiñaban o sábado 21 de xaneiro polo centro das cidades, cando se veron sorprendidos polas flashmobs que desenvolvían os scouts...