Máis de 200 scouts erradicaron a acacia negra das Illas Cíes

ASDE – Scouts de Galicia ven de realizar o pasado 29 de outubro a acción de servizo nas Illas Cíes, aportando un pequeno gran de area na erradicación da acacia negra deste paraxe natural, coa financiación da Dirección Xeral de Xuventude a través do programa Iniciativa Xove.
Durante toda a xornada acompañaro aos máis de 200 scouts os técnicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e o seu director, Jose Antonio Fernandez Bouzas. As súas indicacións e asesoramento, xunto a un magnífico día de sol, contribuiron decididamente a desenvolver a actividade axustándoa aos obxectivos fixados.

Os scouts continuamos avanzando no difícil camiño de mellorar o noso mundo, paseniñamente, pero sin descanso. Coidar e preservar hoxe o noso medio natural, para que o sigan a disfrutar intacto as vindeiras xeracións, é unha labor de todos os días.

ASDE – Scouts de Galicia felicítase polo traballo desenvolvido polos 200 scouts dos Grupos 19 e Vasco da Ponte 636, de Ferrol, Chan 292, de Santiago, e San Jorge 33 e Semente 597 da Coruña. Parabéns a todos e todas pola vosa implicación.

Velaquí podedes acceder á noticia emitida no Telexornal da Galega.