¡Comeza o Iahoo 2011!

Lobatos e lobatas no Iahoo 2011

Esta mañá, 24 rapaces e rapazas dos grupos 19-Ferrol, 33-San Jorge, 292-Chan e 597-Semente viaxaron ata Silleda para desfrutar tres días de campamento en contacto coa Natureza e facer novos amigos.

Comezaron o día formando dúas manadas: os “carballos” e os “abetos”. Pola tarde fixeron un gran xogo no que tiveron que defender os seus bosques e agora mesmo, antes de irse a durmir tras un par de movidas danzas, reúnense na Asemblea dos Bosques para buscar solucións ós problemas que están tendo os bosques. Mañá pode ser un bo día para comezar a poñer en práctica estas solucións, seguiremos informando.

Saúdos dende Silleda, boa caza!