Día do Pensamento

Baden Powell - Día do Pensamento

Hoxe, Día do Pensamento, gustaríanos compartir con todos vós un texto de BP, aquí vai:

“Quen quer que sexamos e alá onde nos encontremos, teñamos consciencia delo ou non, ao pasar por este mundo deixamos un rastro tras de nós. Outros o verán e poderán seguilo. Pode ser un rastro que nos conduza ata o ben ou que nos faga extraviar. Depende de nós. Podemos marcalo ben á vista nas árbores para que elas o vexan, ou podemos só deixar pegadas sen darlle importancia, pegadas que, non obstante, poden seguirse na area. En calquera dos casos, paga a pena lembrar que sempre deixamos vestixios dalgún tipo e que por conseguinte, se diriximos os nosos pasos na boa dirección, podemos facer que outros sigan tamén a boa dirección. Noso camiño está sinalado por aquilo que facemos, por aquilo que dicimos, ou por aquilo que escribimos. Aquilo que facemos transfórmase en sinais perfectamente doados de seguir; aquilo que facemos non son máis que pegadas que poden borrarse ou alterarse polo tempo; aquilo que escribimos son sinais ben visibles, conscientemente gravados nas árbores.”

Baden Powell of Gilwell. Fundador do Movemento Scout

(Londres 1857 – Kenya 1941)