II Xornadas de Escultas e Rovers: Violencia Xuvenil

Medio centenar de escultas e rovers (entre 15 e 20 anos) de diferentes Grupos Scouts asistiron o pasado sábado 27 a unhas xornadas organizadas pola Área de Programas Educativos de ASDE-Scouts de Galicia coa intención de reflexionar acerca da problemática dos fenómenos violentos entre a mocidade.

O traballo consistiu nunha serie de dinámicas, sesións e debates coordenados por varias expertas pertencentes á Sociedade Cooperativa “Mediamos”, así como ó Seminario Galego de Educación para a Paz. A actividade desenvolveuse en Ferrol, no local do Grupo Scout Vasco da Ponte, e foi avaliada moi satisfactoriamente tanto polos participantes como polas entidades colaboradoras.